Como vos comentamos nunha entrada anterior, e con motivo da semana do libro, hoxe visitounos Anxo Moure.
Dividimos ó alumnado en catro grupos para que disfrutasen máis "xuntiños e arrimadiños" (Anxo Moure dixit) da actuación.
Na súa didáctica ecoloxista e comprometida coa sosteñibilidade, contounos historias relacionadas co coidado da natureza, cos animais, coa valoración dos nosos ríos e montes e concienciounos sobre a necesidade de reciclar e limpar a natureza. O alumnado foi o protagonista indiscutible xa que Anxo interactuou con eles dun xeito maxistral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario