1 dic. 2015

Formación de usuarios

Dende a biblioteca deixámosvos un powerpoint para que vos sexa mais doado atopar e colocar os libros.

29 nov. 2015

CONTACONTOS DE INFANTIL

O venres tivemos durante o recreo a II SESIÓN DE CONTACONTOS PARA INFANTIL.
Esta vez correu a cargo do alumnado de 4º de Primaria, que fixeron a súa versión do conto O COELLIÑO BRANCO.

Aquí vos queda unha pequena presentación. 

20 nov. 2015

20 de novembro. Día Internacional do Neno /da Infancia

Hoxe 20 de novembro conmemórase o día Universal da Infancia


Acó vos quedan dous vídeos que  miramos hoxe relacionados coa temática:
Unha canción moi marchosa que recolle os dereitos  e unha presentación moi explicativa para os maiores.



4 nov. 2015

Algunhas fotos da excursión/magosto á Casa do Patrón .

Como vos dixemos  na anterior entrada do blogue , deixámosvos  acó unha pequena escolma de fotos da excursión.

Agardamos que vos guste.

28 oct. 2015

Saída - Magosto na Casa do Patrón.


Onte martes fixemos unha saída educativa á Casa do Patrón.

Dividímonos en dous grupos: os "maiores" montaron a cabalo e os máis "pequenos" fixemos un obradoiro de pan, no que:  debullamos, peneiramos e fixemos uns boliños de pan que estaban riquísimos.

Ademais visitamos as distintas instalacións que nos gustaron moito : a taberna, a escola, a casa, e tamén vimos as ferramentas de distintos oficios coma o ferreiro, zoqueiro, tecedor e moito máis...

Despois de xantar comimos castañas asadas!!!!!

Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.

Proximamente deixaremos unha entrada con algunhas fotos da xornada de onte.

25 oct. 2015

Concurso de debuxo sobre a Violencia de Xénero

O  VENRES RECOLLIMOS  OS DEBUXOS  PARA O 1º CONCURSO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO, QUE ORGANIZABA  O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM), DEPENDENTE DA CONSELLERÍA DA IGUALDADE DO CONCELLO DE PONTEAREAS.
ESTE CONCURSO  PRETENDE MOVILIZAR A SOCIEDADE, E MÁIS CONCRETAMENTE. O ÁMBITO EDUCATIVO, EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO E FACELA PARTÍCIPE  NO DISEÑO DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN QUE O CONCELLO  LANZARÁ CO MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO .
"DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º E.P DESPOIS  DUN TRABALLO DE EXPLICACIÓN,VISIONADO DE  CURTAMETRAXES (QUE DEIXAMOS O LINK), DEBATES NA AULA, FIXEMOS O DEBUXO E EXPLICAMOS O QUE EXPRESAMOS NO MESMO.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!



CONTACONTOS

Este venres comezamos coa sesión de CONTACONTOS PARA INFANTIL que se realiza unha vez ao mes no recreo do último venres lectivo.

Desta vez foi o alumnado de 5º de Primaria o encargado de preparar e contar o conto acompañados por dúas alumnas de 3º curso que contaron outro pequeno conto titulado O HORRIBLE MONSTRO VERDE.

A continuación deixámosvos unha pequena presentación para que vexades que atentos/as estaban escoitando.



23 oct. 2015

Simulacro de Incendio. Evacuación.




















Hoxe fixemos un "simulacro de incendio" no noso cole coa súa correspondente evacuación.
O tempo que tardamos en seguir o protocolo e evacuar o centro foi de 3 minutos  e 17 segundos.   Bo traballo!

Acó quedan algunhas fotos que quitamos despois do momento de tensión.

































E acó queda tamén un pequeno vídeo informativo de qué facer ante un incendio, as medidas que debemos tomar.  E finalmente un pequeno RAP sobre o tema.

18 oct. 2015

XA TEMOS VIÑO!!!!

Fai un mes decidimos intentar facer viño en clase. Para eso, os nenos e nenas de segundo que puideron trouxeron uvas. En clase aplastámolas simulando o proceso, e o zume que obtivemos botámolo nun recipiente simulando o barril e gardámolo nun lugar escuro.

Pasaron os días e fomos observando como fervía e pouco a pouco cambiaba o seu olor e cor pasando de zume a VIÑO.

Aquí vos deixamos un vídeo e unha presentación para que vexades.




















9 oct. 2015

Volta a radio !!!

Este mes de Outubro comezamos a emitir na radio escolar:  COTO  DO GATO. 

Este ano temos a novidade dos "informativos" que todos os xoves se levarán a cabo durante o curso.

Tamén haberá tempo para concursos de adiviñas , concursos de debuxo e "percepción sonora"  e moitas cousas máis...

Igual que anos anteriores , manterase a visita de cada curso para que transmitan a información dos traballos que elaboran na aula.


7 oct. 2015

A biblioteca do colexio, comeza a funcionar!!!



Ista semana comezan  3 das propostas do equipo da biblioteca do centro:

O préstamo de libros , que se realiza semanalmente.

A mochila viaxeira, na que cada titora elixe unha serie de libros que irán pasando polas casas do alumnado, cun pequeno caderniño para facer un debuxo ou anotación sobre os mesmos. E compartir unha lectura en familia.

A posibilidade de estar no recreo na biblioteca, desfrutando dela. 

Acó vos queda o calendario establecido para o uso e
 funcionamento da biblioteca.












BOA LECTURA.


25 jun. 2015

O CURSO 2014/2015 EN IMAXES

Acó queda un pequeno vídeo recopilatorio con imaxes das actividades desenvolvidas durante  iste curso no centro.
É unha pequena escolma simbólica entre as moitísimas fotos existentes.

BO VERÁN.

22 jun. 2015

LOS NÚMEROS VIAJAN POR...

Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, para traballar a Competencia Matemática, fixeron un pequeno proxecto que consistiu na elaboración duns Lapbooks coa temática Los números viajan por....Roma, China, Egipto, Babilonia, Grecia e a cultura Maya. Aquí queda o vídeo para que lle votedes unha ollada. Noraboa a todos/as!!!



20 jun. 2015

COTO DO GATO II

Completando a entrada anterior, deixámosvos aquí unha publicación issuu da revista escolar para que poidades vela online, por se acaso non tedes dropbox. Ao mesmo tempo, como medio alternativo para poder descargar a revista,  deixámosvos un enlace de google drive aquí.



19 jun. 2015

COTO DO GATO 2015

Este ano decidimos editar dixitalmente o noso periódico escolar en formato PDF. Xa está dispoñible e podedes descargalo aquí.

Que pasedes unhas boas vacacións!





9 jun. 2015

AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsantiagooliveira), tedes información relativa ás axudas para a adquisición de libro de texto do próximo curso

1 jun. 2015

ALGUNHAS FOTOS DA SAÍDA A MARCELLE

Unha pequena escolma de fotos , case todas da paisaxe e dos animais!!.

25 may. 2015

EXCURSIÓN A MARCELLE (26 de maio)

Mañá día 26 de maio temos  excursion a Marcelle.
Marcelle é un parque no que conviven animais de distintas partes do mundo, dende o lobo, ata osos, cebras e outros moitos animais. É unha oportunidade magnífica de que os nenos e as nenas comprendan a importancia de protexer a fauna silvestre e conservar a natureza.

Chegará o alumnado coma sempre ó colexio (prégase puntualidade), e dende alí sairemos ás 9.
A hora de chegada está prevista sobre as sete e media da tarde aproximadamente.
Aquí vos deixo un link da páxina do parque para que teñades mais información.

 Link do parque
(Clica na imaxe)

Xornada de Convivencia co CEIP FELICIANO BARRERA

O pasado venres tivemos unha xornada de convivencia co CEIP FELICIANO BARRERA ( Guláns). As clases de 5º e 6º tiveron unha xornada de DEPORTE ESCOLAR , xogando ó baloncesto e ó "hockey".

O resto dos nenos e nenas dividímonos por ciclo e fixemos algúns xogos tradicionais , e tamén lles ensinamos o noso colexio ós nenos e nenas que conviviron con nós. Despois de tanto xogar, chegou o momento do chocolate e as rosquillas , das que demos boa conta.
Pasámolo xenial. Acó vos queda un pequeno vídeo con algunhas das fotos que se tomaron o venres.

                   

15 may. 2015

O NOSO LIBRO DO UNIVERSO.

Os nenos e nenas das clases de 1º e 2º  levamos un tempo traballando sobre o UNIVERSO, aprendemos moitas cousa, miramos vídeos, analizamos prensa, escribimos historias, e tamén surxiron unha serie de dúbidas sobre o UNIVERSO.

Decidimos facer o noso libro de preguntas e respostas sobre o UNIVERSO.

Acó vos queda a nosa producción conxunta:


6 may. 2015

LIBRO DE RECEITAS GALEGAS DE QUINTO E SEXTO.

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron un libro de Receitas do Nadal, as nenas e nenos de 3º e 4º fixeron outro libro de Receitas de Entroido
Agora os nenos e nenas de 5º e 6º, e co gallo da proximidade do día Das Letras Galegas, elaboraron un libro de Receitas típicas Galegas.
Acó o tedes en soporte informático , pero recordade que proximamente estará á vosa disposición na biblioteca do centro, ó igual que os outros dous libros.
Boa lectura e bo día das Letras Galegas: 

30 abr. 2015

LIMPEZA DO PATIO

Os,-as alumnos,-as de sexto fixemos un traballo en Educación para a Cidadanía  para organizar  unha limpeza do patio pois estaba moi sucio.

O pasado martes 28 de abril saimos o patio por grupos de nen@s coordinados por nós e recollemos 10 kg de lixo no patio.

Con esta actividade quedounos claro que temos que coidar o noso entorno.



24 abr. 2015

FOTOS DO DÍA 22 DE ABRIL: CONTACONTOS DE ANXO MOURE.

O pasado día 22 , e con motivo da proximidade do día do libro, ANXO MOURE pasou a mañá con nós e fixo catro sesións de contos para todos os nenos e nenas do colexio.

Encantounos e pasámolo xenial, ademais de contarnos fermosas historias tamén nos concienciou sobre o coidado da natureza e o respecto pola mesma.

Acó vos quedan 4 pequenos vídeos compostos por algunhas das fotografías que fixemos ise día.

Fotos de ED. INFANTIL.


Fotos de 1º e 2º.


Fotos de 3º e 4º :

Fotos de 5º e 6º :

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!!

21 abr. 2015

UNHA MAÑÁ CON ANXO MOURE (21 de Abril)

Como vos comentamos nunha entrada anterior, e con motivo da semana do libro, hoxe visitounos Anxo Moure. 
Dividimos ó alumnado en catro grupos para que disfrutasen  máis "xuntiños e arrimadiños" (Anxo Moure dixit) da actuación. 
Na súa didáctica ecoloxista e comprometida coa sosteñibilidade, contounos historias relacionadas co coidado da natureza, cos animais, coa valoración dos nosos ríos e montes e concienciounos sobre a necesidade de reciclar e limpar a natureza. O alumnado foi o protagonista indiscutible xa que Anxo interactuou con eles dun xeito maxistral.
Aquí vos deixamos unhas  pouquiñas fotos para que vexades o divertidas que foron as actuacións. Proximamente subiremos un pequeno vídeo con moitísimas máis fotos.






15 abr. 2015

VAINOS VISITAR ANXO MOURE O 21 DE ABRIL !!!

E para quen non o coñeza, preguntarédesvos quen é ANXO MOURE? Pois ademais de ser un "contador de contos que se fan realidade" e un educador ambiental, é  o autor de varios libros de literatura infantil coma  A xacia luviñas , O carballo con botas,  ou O paraugas "dameaugas"

Quizais o máis coñecido e recoñecido de Anxo Moure, ademais do seu espírito ecoloxista sexa a iniciativa de Contos Solidarios.
( "linkade" e visitade a páxina, ben merece a pena)


Acó vos queda tamén iste texto de Anxo  de Xevale Ecoloxía, que aparece no libro "Naturalmente Galicia" na páxina 52. 
..Cando a auga bate contra as pedras nos cachóns ou fervenzas non escoito só o son do río, sinto o berro de quen pide axuda mancada a súa libertade con encoros, verquidos e lixo.
...Cando o vento move as copas das árbores fálame da dor das carballeiras, fragas, soutos, das aciñeiras, teixos, acivros, que tremen o monstro dos incendios, das talas, pragas e desfeitas.
...Cando o mar bate entre as rochas sinto o medo das negras mareas, dos bidóns caídos nun cemiterio escuro do paraiso roubado. Tamén sinto o laio de curuxas, lobos, teixugos e dos máis pequenos bichiños e bolboretas, das fontes estragadas, das montañas fendidas.
...mais, o pouco tempo, mentras sigo sentindo a fala da terra, collo os meus apeiros (os soños, a imaxinación, a esperanza...) e simplemente loito, ó carón doutros moitos galegos eu tamén loito, aínda que só sexa abrazando as árbores.

Deixámosvos tamén dous vídeos de Anxo Moure:  o primeiro unha entrevista que lle fixeron  o ano pasado, co gallo do día do Medio Ambiente,e  o segundo un pequeno anaco dunha das súas actuacións,  desfrutádeos!!!.



14 abr. 2015

TÉCNICAS DE ESTUDO

O PASADO VENRES FOMOS Ó TEATRO !!!

O pasado venres fomos ó Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas a ver a obra de teatro As Fabas Máxicas de Caramuxo Teatro. Organizado pola FANPO ( Federación de ANPAS de Ponteareas), fomos as clases de infantil 1º e 2º. Ademais de nenos e nenas doutros colexios de Ponteareas.   Gustounos moito, e pasámolo xenial. Acó vos deixamos un pequeno vídeo promocional da actuación:

24 mar. 2015

BODY PARTS

O pasado xoves durante a clase de Inglés fixemos c@s nen@s de 1º unha actividade moi divertida!! Estamos aprendendo as partes do corpo así que decidimos "perfilar" a un voluntario, que foi Jose, e sinalar tódalas partes que estamos traballando.
Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron e o ben que nos quedou o resultado.










17 mar. 2015

ECLIPSE SOLAR 20 DE MARZO

   
 O vindeiro 20 de marzo terá lugar unha eclipse total solar que aínda que parcialmente se poderá ver en Galicia cunha importante magnitude. De feito, dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na  costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar. De darse condicións meteorolóxicas favorables, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC alerta das debidas precaucións que hai que tomar ese día para observar o fenómeno.
A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, terá o máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18. Retransmitirase vía internet polo Real Instituto y Observatorio de la Armada, e por Misión Eclipse. Ademais, o Observatorio Astronómico da USC organizará no seu xardín unha sesión pública de seguimento.  
( podedes ler o artigo completo en G-CIENCIA )

Acó vos deixamos tamén da mesma páxina unha serie de mapas interactivos de como será a eclipse en Galicia.

Por outra banda é importante visionar o eclipse coas precaucións axeitadas... acó tedes 5 recomendacións básicas

    

13 mar. 2015

SALÓN DO LIBRO

Dende o 27 de febreiro estase a celebrar o Salón do Libro en Pontevedra, e podemos ir visitalo ata o vindeiro día 28 de marzo.
É unha cita anual que nos en envolve nun mundo de fantasía dirixido a público de calquera idade, dende os máis cativos ata os máis grandiños da casa.
Podemos atopar exposicións, mostras, obradoiros, cursos, conferencias, presentacións de libros, actuacións musicais e teatrais e unha chea de actividades interesantes e divertidas de balde.
Este ano a temática é "Da Ciencia á Ficción", e decenas de colexios aportaron a súa creatividade para que todos disfrutemos desta cita ineludible.
Dende aquí invitámosvos a pasar polo Pazo da Cultura de Pontevedra e divertirvos como nunca.
Se queredes máis información premede nestes enlaces e observade a multitude de actividades que podedes visitar:

PROGRAMA DO SALÓN

CATÁLOGO DO SALÓN DO LIBRO


23 feb. 2015

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA.



Hoxe 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que naceu o 24 de febreiro do ano 1837.

  É unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares galegos. (Galipedia)


  Rosalía de Castro é unha figura indispensábel na literatura do século XIX. Os estudos sobre literatura feminina de épocas pasadas inclúena entre as grandes escritoras, das que destacaremos Concepción Arenal, Carolina Coronado, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Emilia Pardo Bazán. ( Bibilioteca Virtual Miguel de Cervantes)





Acó queda unha pequena ESCOLMA de actividades relacionadas co día de hoxe.

10 feb. 2015

AS RECEITAS DO ENTROIDO

Os nenos e nenas de 3º e 4º aportaron cada un deles unha  receita relacionada co Entroido.
 Fixemos unha compilación ben chula para facer un libriño que vai a quedar na biblioteca do noso centro. Pero se non podedes agardar a velo na biblioteca, acó vos queda un ISSUU con todas as receitas escaneadas.   E agora a desfrutar destas receitas saborosas !!!

2 feb. 2015

A CANDELORIA: O DÍA NO QUE CASAN OS PAXARIÑOS.

O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA.  Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terra.

En Galicia, a data da Candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. 
Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.  

 Imaxe do blogue Dálle un coliño






Refráns relacionados:
Pola Candeloria, se chove e venta, inverno entra;
 se ri e plora, inverno fóra.

"Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. 
Se ri, o inverno quere vir"

A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.




29 ene. 2015

O PRÓXIMO MARTES IMOS DE EXCURSIÓN Á CORUÑA

O vindeiro martes día 3 de febreiro imos de excursión á Cidade da Coruña, para facer un percorrido museístico. Imos ir á tríada dos Museos Científicos CoruñesesDomus , Acuario ( tamén coñecido coma casa dos peixes) e Casa das Ciencias.

As visitas comezarán ás 11 da mañá na Domus, para continuar no Acuario e rematar no casa das Ciencias, culminando co visionado do Planetario.

Acó vos deixamos un par de vídeos informativos e algunha páxina web de interese coma a canle en youtube dos Museos Científicos Coruñeses onde tedes uns vídeos moi interesantes.

  ÍMOLO PASAR XENIAL!!