24 abr. 2013

ÍMONOS DE ANDAINA O VENRES 26

O Día da Terra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril, para crear unha conciencia común aos problemas da SUPERPOBLACIÓN, a produción de CONTAMINACIÓN, a conservación da BIODIVERSIDADE e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

No Santiago de Oliveira ímonos ir de andaina aos MUÍÑOS DE CELEIROS, para conmemorar este día. Será unha ruta de entre 3 ou 4 Km, onde os nenos levarán unha pequena mochila cun bocata e unha botelliña de auga.
Estaremos todo o día na Natureza!

Aquí deixamos unha marabillosa foto feita hoxe neste muíño

Prontiño máis fotos!!!
Boa fin de semana



Os compis do 2ºciclo foron de excursión

23 abr. 2013

22 abr. 2013

O día 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día, pero no ano 1616, faleceron tres grandes escritores: 


Máis información aquí


Que ímos facer no Santiago de Oliveira?

Xa o estamos celebrando no cole, con moitos traballos e actividades interesantes:

  • Hoxe, 22 de de abril veu ao cole un CONTACONTOS!!
Todo un espectáculo!
  • Concurso de debuxo cun eslogan para á animación á lectura    
Haberá dous gañadores, coa categoría de Infantil e Primaria, e cos debuxos premiados, o equipo de biblioteca confeccionará uns marcapáxinas para agasallar a tod@s no día do libro. Ademais haberá un agasallo persoal para os premiados.
 
  • Proxecto O MEU CONTO FAVORITO.

Tod@s traerán o seu conto favorito da casa. Xa na clase elixirán entre tod@s @s compañeiros só un deles (será un choio duro, seguro que son todos marabillosos).
Cando xa teñan escollido o libro, terán que seleccionar unhas estrofas, párrafos..., xa que o día do libro leranse na radio do cole.




Ø 








@s alumn@s do 1º ciclo traballaron  cuns vídeos moi interesantes, que nos animan a ler:









5 abr. 2013

Día Mundial da Saúde  - 7 de abril de 2013


 
O Día Mundial da Saúde celébrase o 7 de abril para conmemorar o aniversario da creación da Organización Mundial da Saúde en 1948.
Cada ano elíxese para esa día un tema que pon de relevo unha esfera de interese prioritario para a saúde pública mundial.
 O tema de 2013 é a hipertensión
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 E ti? Sabes como coidar a túa saude?