9 mar 2013

Excursión ó museo MARCO e obra de teatro.

O pasado martes día 5 os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos de excursión a VIGO.

Comezamos o día cunha obra de teatro nas dependencias de NOVACAIXAGALICIA  , que era en inglés! Estivemos atentísim@s
E despois de merendar adentrámonos na exposición BALEA NEGRA

A BALEA NEGRA é un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra. ( texto tirado da páxina web do MARCO.)

 A exposición encantounos. E explicáronnola moi ben.


Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAMAGOSTO 23/24

Preparándonos para o Samagosto!!