21 dic. 2012

Aquí tendes os marabillosos relatos das postais gañadores neste Nadal 2012



Aquela noite non foi uinha noite calquera, espertou antes de tempo e ….alí estaba

Mario, que foi a granxa tola, e chocou contra a granxa,  nevou e caeron agasallos, e Mario os abriu e saliu a neve, e Mario viu a Papá Noel, e Papá Noel dixo:
                                                            Jou, jou jou!! Son Liugui!

                                                                                                                                             Adrián 2º



Aquela noite non foi uinha noite calquera, espertou antes de tempo e ….alí estaba…

un soño feito realidade. Atopei un regalo e unha postal que dicía:
                                        Para ti, Jenni! Bo Nadal! ; firmado Papá Noel.
Pechei a postal e puxenme moi contenta. Esta vez foi realidade, ademáis tamén deixou unha maqueta de Xesús e dos seus país.


                                                                                                                                                Jenni 4º


 Aquela noite non foi uinha noite calquera, espertou antes de tempo e ….alí estaba…

Era un  baúl xigante , Paula abriuno  e viu un anano. Paula preguntoulle quen era, o anano respondeulle que era un obreiro de Papá Noel. Paula desconfiada preguntoulle que donde estaba papá Noel, e o anano díxolle que entrara no baúl. 
Paula fíxose anana e apareceu nun garaxe xigantesco que tiña moitos regalos. 
Desde ese día convertiuse nunha obreira de papá Noel e repartiulle regalos aos nenos. 


Alexandro 6º

25 nov. 2012

O pasado mércores os alumnos e alumnas de 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria visitaron a Granxa o Kirico no concello de Fornelos de Montes.Fue un día precioso, cheo de aventuras, experiencias novas e moitas aprendizaxes . Podedes comprobalo vós mesmos.



20 nov. 2012

Día Internacional do Neno ( infancia)

Como ben sabedes hoxe conmemórase o Día Internacional do Neno   e acó vos deixamos iste breve pero informativo vídeo sobre a xornada de hoxe.



31 oct. 2012

FELIZ HALLOWEEN

HALLOWEEN

Este ano contamos cunha gran afluencia de cabazas de HALLOWEEN no cole. Todas diferentes e moi orixinais.
Aquí vos deixamos unhas poucas fotos para que lles botedes un vistazo.
Desfrutade desta noite tan máxica e HAPPY HALLOWEEN!!!



28 sept. 2012


Ola a tod@s!

Despois destes días de inicio do curso e toma de contacto, os mestres e mestras do CEIP Santiago de Oliveira queremos darvos a benvida a este novo curso académico 2012-2013. Agardamos que todo vaia ben nesta nova etapa e que vos animedes a participar no  blogue.

Benvidos!

21 jun. 2012

Participamos na XVIII edición de Ponte...nas ondas!

Coma tódolos anos, participamos na Xornada Multimedia de Comunicación Interescolar que organiza a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! Este ano celebrouse a XVIII edición co lema "Ponte... a contar!" e os alumnos e alumnas de 6º curso participamos cunha lenda do concello de Ponteareas: "A serpe do castro de Troña". Podedes escoitala xunto co resto de traballos aqui:

http://pontenasondas.org/es/ediciones/xviii-edicion-pno-es

Ata outra!



14 jun. 2012

A nosa primeira stop motion

Os nenos e nenas da clase de 1º levamos varios días coa idea de facer unha stop motion , despois de ver algunhas que nos gustaron moito. Levamos algúns días dándolle voltas á plastilina e pensando que podíamos facer, fixemos serpes longuísimas, rios, pontes... e ó final isto é o que saiu.. E a nosa primeira creación, aínda que hai que recoñecer que non temos moita paciencia, agardamos que vos guste...
Titúlase: As serpes de primeiro...

7 jun. 2012

Excursión a Dinosaurios Park


Hoxe os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos de excursión ata Praia América a ver a exposición de Dinosauros Park.
A verdade é que foi moi interesante e ademais impresionounos moito, pasámolo moi ben.

E despois merendamos a pé de praia e ata estivemos xogando un anaco na area.
Pasámolo xenial! Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos do día de hoxe.



5 jun. 2012

Mediación.

Hoxe, organizado pola comisión de Convivencia do cole,  tivemos unha pequena sesión de "vídeo-forum" cos nenos e nenas da clase de 6º para falar sobre a figura do mediador/mediadora .
Este pequeno vídeo preséntanos unha serie de palabras clave á hora de falar de  MEDIACIÓN
 E un pequeno rap que elaboraron dende un instituto onde nos explican a importancia da MEDIACIÓN :




 E acó vos queda un vídeo  en clave de humor que fixo o alumnado do IES FIN DO CAMIÑO en Fisterra que sen dúbida foi o que máis lles gustou...

25 may. 2012

Nova participación en Kuentalibros

Hoxe David de 5º de Primaria fixo unha recomendación do último libro que leu e que enviaremos a KUENTALIBROS para a súa posterior publicación. Escoitade atentamente e se vos interesa podedes atopar o libro na biblioteca.

27 abr. 2012

CONTACONTOS KALANDRAKA

Como xa vos adiantamos a semana pasada, tivemos unha sesión de contacontos de KALANDRAKA onde nos contaron e ilustraron tres contos.  
Aquí vos deixamos unha presentación con fotos que se realizaron durante a sesión e tamén dos traballos que realizou o alumnado de infantil sobre os contos, así como os debuxos que o ilustrador fixo dos mesmos .


20 abr. 2012

SEGUIMOS PARTICIPANDO EN KUENTALIBROS !!

Hoxe fixemos unha nova aportación  a KUENTALIBROS.  Esta vez foi Miguel de 4º de Primaria o que nos quixo recomendar "O GRAN PARTIDO" de Christian Bieniek, que foi o último libro que colleu na biblioteca do centro.
Aquí vos deixamos a súa recomendación.



18 abr. 2012

CONTACONTOS KALANDRAKA


Hoxe os nenos e nenas de Infantil tiveron unha sorpresa moi especial, a visita duns contacontos de Kalandraka que lles contaron e ilustraron nada máis e nada que menos que tres contos!!
Estiveron todos e todas moi atentos e desfrutaron moito da actividade.
Aquí vos deixamos un pequeno adianto.

28 mar. 2012

KUENTALIBROS.

Esta semana comezamos a facer aportacións a KUENTALIBROS.
E vos preguntaredes, e que é iso de KUENTALIBROS ? Pois é unha páxina web onde podemos ver recomendacións de libros que fan os nenos e nenas de distintos colexios de España. E así saber porqué lles gustou iste ou aquel libro e porqué nolo recomendan.

Acó vos queda a recomendación que fixo Victoria da clase de , sobre o libro: "El misterio de los ocho bebés" .

Animádevos a facer as vosas aportacións e recomendacions dos libros que máis vos gustasen.

Un saúdo, a equipa da biblioteca.


El misterio de los ocho bebés - Transcribed | dotSUB

16 feb. 2012

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO.

Este venres día 17 imos facer unha pequena festa de Entroido no colexio, na que cada un virá disfrazad@ do que queira e lle apeteza . Faremos un pequeno desfile e posteriormente unha sorpresa gastronómica.

Estes días nalgunhas das clases estamos investigando sobre as celebracións do entroido máis antigas e populares de Galicia: Pantallas, Cigarróns, Peliqueiros, Máscaras, madamitas...

Acó vos quedan uns pouquiños vídeos relacionados co Entroido :

MÁSCARAS DE MANZANEDA:



PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA:





PELIQUEIROS DE LAZA:



CIGARRÓNS DE VERÍN:



MADAMITAS DE OURENSE:

14 feb. 2012

O PREGUNTOIRO


O Preguntoiro é un xogo en rede ó que poderedes xogar de un a catro persoas (ou equipas) iso depende de coma vos organicedes.
O Preguntoiro é un xogo que nos oferece o Portal Educativo da Consellaría de Educación.
Ten oito graos de dificuldade , e tres posibles opcións de xogo: estándar, desafío ou maratón.
Os temas a elexir son : arte, bioloxía, etnografía,historia, lingua, literatura, refráns e xeografía.

Que podedes elexir individualmente ou podedes escoller unha mistura de tod@.

Se clicades na imaxe iredes ó xogo, ou se clicades no link ó preguntoiro.

A pasalo ben!.

24 ene. 2012

Preparando o día da PAZ


O próximo día 30 de xaneiro celébrase o día da Paz e a non violencia.
No cole estamos facendo algunhas actividades relacionadas.
Dende a comisión de Convivencia fixéronnos unha proposta de traballo: estes días estivemos pintando unhas pombiñas para colocar na árbore de madeira que temos na entrada do centro.
E así cada aula pintounas dunha cor distintas, e imos colocalas na árbore, amosando a diversidade de cores coma símbolo da diversidade cultural.

Ademais de recompilar algúns alimentos voluntariamente para entregar a Cáritas para axudar ás persoas que máis o precisan.

Acó vos queda un link a un LIM sobre a PAZ que fixo a profe Belén Junquera.