28 oct. 2011

HALLOWEEN

O vindeiro luns 31 de outubro celébrase HALLOWEEN, no colexio fixemos unha pequena exposición coas cabazas decoradas que trouxeron os nenos e nenas . Aquí vos deixamos algunhas fotos, esperamos que vos gusten!








24 oct. 2011

Hoxe conmemórase o día da biblioteca escolar.


Visto en O RECANTO DE MIK

Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor ou autora galeg@ . Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic ( banda deseñada) , interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.
As bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividades porque, por moi escuro que sexa o futuro, nas nosas bibliotecas non se deixa de soñar.
(De
Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas)

20 oct. 2011

Mañá imos ir a un concerto de música !!!

Mañá venres o alumnado de Primaria irá ó auditorio "Reveriano Soutullo" de Ponteareas a escoitar unha magnífica actuación da BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO
Iremos en dúas "tandas" e a actuación vai ter unha hora de duración.

Xa vos contaremos !


18 oct. 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS


Esta semana as mochilas viaxeiras están emprendendo un novo camiño.
En cada unha das aulas de primaria estanse repartindo unha ou dúas mochilas viaxeiras.

A mochila viaxeira , é como di o seu nome unha mochila que "viaxa". Cada semana estará na casa dun dos alumn@s da clase. Dentro hai un mínimo de tres libros, e unha pequena libreta para facer un debuxo ou escribir o que nos pareceu o conto( dependendo do curso no que estean) Ademais dunha folla explicando para qué son cada un dos tres libros.

Acó tedes unha entrada sobre o mesmo tema no blogue da aula de 1º


BOA LECTURA !!