O pasado venres 28 celebramos o día Internacional da Paz e Non violencia no colexio.
Ó rematar o recreo o alumnado colocou no tendal do colexio as camisolas con "logos/palabras/frases" pola PAZ que fixeron durante a semana.
Unha vez rematado saímos ó patio e alí realizamos xogos cooperativos, como o paracaídas, xornais cooperativos, co aro, cos globos... Pasámolo moi ben e ó mesmo tempo xogamos, compartimos e nos divertimos sen competir, xogando en equipo.
O último xogo foi o de darnos "apertas" ao son da música, participou todo o cole a un tempo...
E como colofón os alumnos e alumnas de 6º leron un "Manifesto pola paz".
Acó vos queda unha pequena mostra de todo o que fixemos o venres.
1 feb 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
SAMAGOSTO 23/24
Preparándonos para o Samagosto!!
-
Despedida do curso e do noso Proxecto: A auga é vida Vémonos en setembro. Boas vacacións!!
-
Como sabedes este ano o día das letras galegas está adicado ó poeta LOIS PEREIRO Acó vos queda un pequeno vídeo sobre a súa vida elaborado p...
-
Todos e todas coñecemos as personaxes tradicionais do Nadal como son Papá Noel ou Os Reis Magos, pero, sabedes cal é a personaxe galega d...
Realmente espectacular o resultado. Menudos artistas!
ResponderEliminar