21 dic. 2011

BO NADAL

Despois dun trimestre cheo de traballo e diversión. Agora é o momento de descansar e pasalo ben, sen esquecer as tarefas que teñamos pendentes.
Dende o colexio desexámosvos BO NADAL e FELIZ ANO 2012




11 dic. 2011

7 dic. 2011

PEN PALS

A clase de 4º de Primaria estivo escribindo unha carta a uns novos amigos moi especiais, unha clase de Tucson en Arizona (EE.UU.).
Esperamos ter pronto novas deles, xa vos teremos informados. Estas foron as fotos que lles enviamos para que nos coñezan.



20 nov. 2011

Día do dereito dos nenos e das nenas

Ás persoas que formamos o Equipo de Convivencia Escolar pensamos que sería bonito facer unha presentación na que falemos dos sentimentos dos nenos e das nenas ,dos valores e do seu dereito á Educación.

4 nov. 2011

COÑECENDO A KEITH HARING NO 1º CICLO




Estes días as clases de 1º e 2º de Primaria estamos traballando sobre o artista contemporáneo estadounidense
KEITH HARING


Estivemos investigando un pouco sobre el e observando moitas das súas obras, e iso que ten moitísimas creacións...


Hoxe nos "deberes" temos que crear unha historia a partir dun dos seus debuxos.

Acó vos queda un par de pequenos vídeos cunha pequena parte da súa obra, que vimos hoxe na clase de 2º.






Acó vos queda un link con máis información de actividades feitas na clase de 1º.

28 oct. 2011

HALLOWEEN

O vindeiro luns 31 de outubro celébrase HALLOWEEN, no colexio fixemos unha pequena exposición coas cabazas decoradas que trouxeron os nenos e nenas . Aquí vos deixamos algunhas fotos, esperamos que vos gusten!








24 oct. 2011

Hoxe conmemórase o día da biblioteca escolar.


Visto en O RECANTO DE MIK

Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor ou autora galeg@ . Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic ( banda deseñada) , interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.
As bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividades porque, por moi escuro que sexa o futuro, nas nosas bibliotecas non se deixa de soñar.
(De
Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas)

20 oct. 2011

Mañá imos ir a un concerto de música !!!

Mañá venres o alumnado de Primaria irá ó auditorio "Reveriano Soutullo" de Ponteareas a escoitar unha magnífica actuación da BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO
Iremos en dúas "tandas" e a actuación vai ter unha hora de duración.

Xa vos contaremos !


18 oct. 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS


Esta semana as mochilas viaxeiras están emprendendo un novo camiño.
En cada unha das aulas de primaria estanse repartindo unha ou dúas mochilas viaxeiras.

A mochila viaxeira , é como di o seu nome unha mochila que "viaxa". Cada semana estará na casa dun dos alumn@s da clase. Dentro hai un mínimo de tres libros, e unha pequena libreta para facer un debuxo ou escribir o que nos pareceu o conto( dependendo do curso no que estean) Ademais dunha folla explicando para qué son cada un dos tres libros.

Acó tedes unha entrada sobre o mesmo tema no blogue da aula de 1º


BOA LECTURA !!

13 sept. 2011

BENVIDA


Dende o colexio de Oliveira, a Comunidade Educativa, queremos desexarvos a todos e a todas un bo comezo de curso 2011-2012. Ogallá este curso sexa unha aposta clara por unha maior calidade da ensinanza sen escatimar medios económicos nin humanos xa que está en xogo o futuro dos nosos cativos e cativas, o futuro de todos.

6 jun. 2011

A flor dos valores

Máis fotos da actividade que fixemos.

5 jun. 2011

Unha nova flor no recuncho da convivencia.


A semana pasada estivemos traballando distintas palabras en cada unha das aulas, xa que dende a comisión de Convivencia nos propuxeron unha actividade, acó vos queda a explicación do que se fixo na aula de 2º curso da mesma.

Este é o resultado final, con todas as palabras de cada unha das aulas do cole. Cada aula elaborou un pétalo traballando a palabra que nos asignaron, e este é o resultado final. Agora so queda poñelas en práctica.

O CONTACONTOS.

O pasado mércores,día 25 de maio, antes do recreo, tivemos unha actuación de títeres para tod@s no ximnasio do cole.

Ademais de música en directo, tamén aprendemos que non podemos esquencernos dos contos porque os seus protagonistas escapan deles cando ninguén os recorda. E logo teñen que buscalos, para devolvelos ó seu conto.

1 jun. 2011

Xornada de deporte escolar no Fermín Bouza Brey

O 26 de maio tivemos o último encontro de deporte escolar.
Visitamos o Bouza Brey, onde desfrutamos dunha divertida xornada. Xogamos ó balonmán e ó fútbol-sala.
Aquí vos deixamos algunhas fotos.



11 may. 2011

LOIS PEREIRO

Como sabedes este ano o día das letras galegas está adicado ó poeta LOIS PEREIRO
Acó vos queda un pequeno vídeo sobre a súa vida elaborado polos nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo.



E un pequeno fragmento do proxecto audiovisual que Antón Reixa creou para homenaxear a Lois Pereiro. Titulado Mundo Lois

Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.


Esta semana tócalle ó 1º ciclo o programa de radio, no que tamén farán unha pequena aproximación á vida e obra deste autor.

9 may. 2011

Excursión a Madrid

Os nenos e nenas de quinto e sexto foron de excursión a Madrid e Segovia.Para algúns era a primeira vez que subían en avión, estaban moi nerviosos!
En Madrid visitaron o zoo, a catedral, o Palacio Real, o Museo do Prado, o Parque do Retiro,etc. En Segovia estiveron na Granxa, e coñeceron o Alcazar e o Acueducto Romano.
Cando lle preguntamos o domingo que foi o que máis lle gustou, decían que fora a visita ó zoo e o hotel.

Aqui tendes unhas fotos da viaxe.

23 abr. 2011

23 de abril de 2011-DÍA DO LIBRO

FELIZ DÍA DO LIBRO.
Un nenos e nenas de Santa Comba fixeron este Rap
e pareceume un bonito agasallo para o noso Blog.

Ainda tedes días de descanso para ler moito,animádevos!!!

15 abr. 2011

O LIBRO VIAXEIRO

Este segundo trimestre propúxose dende a Biblioteca a elaboración dun libro viaxeiro.
Comezou na clase de 3 anos e a partir da súa idea foi pasando polas distintas aulas ata rematar en 6º.
Unha vez rematado , a equipa das TICs pasouno a formato dixital, aquí tendes o resultado:

13 abr. 2011

A CARTA DE OLIREI

Onte chegou ás clases do primeiro ciclo unha carta de Olirei, a nosa mascota da biblioteca. Nela propoñíanos a busca de varios libros da biblioteca que tiñamos que atopar coa axuda de pistas que foi deixando polo colexio.
Traballando en equipo e esforzándonos moito CONSEGUÍMOLO, e ó final tivemos unha pequena recompensa. ESTAMOS DESEXANDO QUE OLIREI NOS MANDE MÁIS CARTAS!!!!!!!!!!!!!

Artigo no blogue da clase de 2º

5 abr. 2011

Deporte Escolar

Como xa sabedes o noso colexio participa no Deporte Escolar. O pasado venres , como xa vos contamos, tivemos actividade do deporte Escolar. Acó vos deixamos os mellores momentos, ademais das fotos do venres tamén mostrámosvos fotos da xornada de atletismo , cando viñeron os nenos e nenas do colexio da Inmaculada, de Ponteareas.


31 mar. 2011

Deporte Escolar.


Como sabedes o noso colexio está inscrito no "Deporte escolar".

Mañá veñen ó noso cole os nenos e nenas da clase de 6º do CPI de Mondariz.
Xogarán ó baloncesto e ó "Hockey".

Despois de tanto esforzo haberá unha chocolatada para todos e todas.
Mañá temos que animar moito !!

30 mar. 2011

A HORA DO PLANETA

O pasado sábado celebrouse o que se deu en chamar " A HORA DO PLANETA". Na clase de os deberes para o martes foron preguntar na casa, investigar ou buscar nalgún medio de comunicación: xa fose xornal, internet, televisión ou radio información sobre qué era iso da hora do planeta. Os deberes viñeron moi ben feitos e entre outras moitas cousas quedámonos con:

Que é un movemento que naceu en Australia, máis concretamente en SIDNEY no ano 2007


Que é algo voluntario, e que está "apadriñado" por WWF acó máis coñecido por Adena.


Que se celebra o último sábado do mes de marzo.


Que vai no noso horario dende as oito e media ás nove e media, dura unha hora.


Que tanto os particulares coma as empresas ou institucións apagan as luces ou electrodomésticos que consideren.


Que hai que apagar a luz para acender a do Planeta.


Temos que ser conscientes que o noso consumismo está acabando cos recursos do planeta, temos que ser responsables no consumo e utilización e sempre que estea na nosa man utilizar as 3 erres: reducir, reciclar e reutilizar.

26 mar. 2011

NOTA

O VIDEO DA ENTRADA "BAILE "TARDA UN POUQUIÑO EN CARGAR ,DÁRLLE O PLAY E ESPERADE A QUE CARGUE.GRACIÑAS

Mostra de Baile-Actividade Extraescolar-Redondela

O Pasado Venres 25 as alumnas do cole que participan na Actividade Extraescolar de HIP -HOP participaron nunha "exhibición de baile" que organiza a empresa IMAXINA a cal pertence a monitora que lles da clase ás nosas alumnas. As 16.45 todos os colexios participantes da provincia (un total de 10) ensaiaban os seus bailes no Auditorio de Rendondela é as 18.OOh previa presentación e agradecimentos dos representantes de Imaxina deuse paso a unha mostra divertida, participativa, chea de cor, ritmo , entrega e entusiasmo por parte de todos os nenos e nenas dos diferentes coles participantes.

O noso colexio representado por :Tati, Brenda, Alba Sestelo, Rosi, Nerea, Zaida, Alba Iglesias e Gina cun baile super orixinal do tema de Agnes Carlsson títulado "Release me" ,deixaron (a pesares de levar pouquísimas clases traballando)a todos os alí presentes coa boca ben aberta.
Noraboa e moitas grazas a Mª Nieves, a monitora das clases ,que sempre sorprende cunhas coreografías super orixinais.
Tamén agradecer o ANPA do cole que contratou a esta empresa e que está a levar as actividades con moita profesionalidade.
Ollade o vídeo

Click to play this Smilebox slideshow


Onte fomos de Excursión ó Teatro

Onte, o primeiro e segundo ciclo, fomos ver a obra O forno de Flordelis, e gustounos moito , a case todos/as o que máis lles gustou foi o final...

Pero xa ó entrar quedamos impresionados, o teatro onde foi a representación segundo algúns: parecía o castelo de Cincenta!!!!!.

E despois da magnífica actuación baixamos ata un parque que estaba ó lado para merendar e xogar un pouco.
Pasámolo xenial !!


24 mar. 2011

O forno de Flordelis.


Mañá as clases do 1º e 2º ciclo imos de excursión!!!

Imos a Vigo a unha representación teatral da compañía galega Elefanteelegante titulada o Forno de Flordelis.

Ímolo pasar xenial! Xa vos contaremos.

2 mar. 2011

MÁSCARAS-6ºDE PRIMARIA



O ENTROIDO TAMÉN CHEGOU A CLASE DE PLÁSTICA
O que fan os nosos nenos e nenas é :ALUCINANTE!!!
Isto é unha pequena mostra,hai máis modelos .

1 mar. 2011


O pasado venres fomos todos e todas disfrazados ó cole, iamos facer a escolla do Rei e da Raíña do entroido, cada un de nós subiu ó escenario e explicou de que ía disfrazado e como se chamaba, despois mediante sorteo saíron elexidos o rei e a raíña.
A raíña foi Rosi e o Rei,, Alejandro da clase de 2º
E o venres o rei e a raíña deron o seu primeiro "mandadiño", o luns tiñamos que ir as rapazas cunha gorra e os rapaces cunha diadema.
Para hoxe todos e todas temos que ir en pixama!!!
E mañá teremos que levar un coxín ou unha almofada.

18 feb. 2011

Xogos!


Hoxe viñeron ó cole unhas rapazas que traballan na Ludoteca de Ponteareas a facer un montón de xogos divertidos cos nenos e nenas da clase de 2º.
Acó vos quedan unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.

15 feb. 2011

SAN VALENTÍN

Con motivo da celebración do día de San Valentín, dende a BIBLIOTECA propuxéronse facer ou copiar poemas de amor para adicarlle a unha persoa especial (pais, nais, amig@s...). Con todos eles fixemos unha exposición na entrada do colexio. Aquí queda o bonito que nos quedou.

O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA: "É MENTIRA"

Hoxe fomos de excursión as clases de 1º, 2º e 3º ó Salón do Libro en Pontevedra.
A temática sobre a que xira o salón este ano é a MENTIRA e vimos moitas cousas que parecen unha cousa pero son outra, trampantollos, e xogos cos espellos, unha sala onde non sabíamos se se subía ou se baixaba e para finalizar a visita apareceu a mascota do Salón: ÓRBIL
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos do que vimos hoxe:



1 feb. 2011

Día da Paz.

O pasado venres 28 celebramos o día Internacional da Paz e Non violencia no colexio.
Ó rematar o recreo o alumnado colocou no tendal do colexio as camisolas con "logos/palabras/frases" pola PAZ que fixeron durante a semana.
Unha vez rematado saímos ó patio e alí realizamos xogos cooperativos, como o paracaídas, xornais cooperativos, co aro, cos globos... Pasámolo moi ben e ó mesmo tempo xogamos, compartimos e nos divertimos sen competir, xogando en equipo.
O último xogo foi o de darnos "apertas" ao son da música, participou todo o cole a un tempo...
E como colofón os alumnos e alumnas de 6º leron un "Manifesto pola paz".

Acó vos queda unha pequena mostra de todo o que fixemos o venres.

31 ene. 2011

Actividade feita na clase de plástica-3ºCiclo



Abraiados quedamos todos o mirar estas obras de Arte que os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron nas clases de plástica.Noraboa artistas!!