21 dic. 2010

BIBLIOTECA

ALGUÉN PASOU POLO COLE E DEIXOU LIBROS NOVOS NA BIBLIOTECA. AGÁRDANVOS, PARA QUE Á VOLTA DAS VACACIÓNS DESCUBRADES CANTAS COUSAS INTERESANTES VOS QUEREN CONTAR.





FELICITACIÓN DE NADAL.

E xa está acó, e xa chegou, é a felicitación navideña que fixemos este ano,proposta polo equipo das T.I.C, na que participamos todos e todas versionando algunhas cancións galegas para crear a nosa propia macro panxoliña.
Acó vos queda o vídeo, agardamos que o desfrutedes tanto coma nós facéndoo.

E mañá o festival!!

Click to play this Smilebox greeting

20 dic. 2010

As mestras na Granxa








Pasámolo moi ben na Granxa Kiriko pero non fomos os únicos...

OS EXPLORADORES DE OLIVEIRA

Os nenos e nenas de quinto e sexto visitamos a Granxa Kiriko. Alí fixemos moitos amiguiños: O mapache Fito, a cadela Fiona, a gatiña Ani, ...
Exploramos o bosque buscando pegadas de animais e aprendemos unha chea de cousas.
Tamén participamos nun obradoiro de reciclaxe e noutro de recoñecemento dos sons dos animais.
Á volta enfadámonos un pouco, porque non nos deixaron tomar a merenda no autobús. Que fame!

10 dic. 2010

Onte fomos ó teatro.

Ou máis ben o teatro veu a nós.. ata Oliveira, e puidemos disfrutar coas familias da representación da obra TITIRICIRCUS a cargo da compañía TANXARINA TEATRO.
Gustounos moitíiiiismo.

Acó vos quedan os compoñentes de Tanxarina nunha presentación de " A mellor escola a casa"

4 dic. 2010

Novas


Ola familias,temos unha nova moi chula: por fin as profes de ED.Infantil teñen o
seu propio blog "Cativadas Oliveira" a partires de agora todo o que aconteza nas aulas dos máis cativos(de aí o seu nome) poderémola mirar no seu blog.
Deixade os vosos comentarios para saber si vos gosta, e tamén si queredes ,facédevos seguidores. A dirección é:"cativadasdeoliveira.blogspot.com"