28 sept. 2010

THE WATER CYCLE

Como xa saberedes, fomos seleccionados para o Proxecto de Inmersión Lingüística que se levará a cabo en El Boñar (León), no mes de novembro.
A temática que eleximos para o desenvolvemento deste proxecto foi o Ciclo da Auga (The Water Cycle) e despois de varias explicacións sobre o tema, os alumnos e alumnas de 6º curso fixeron os seguintes murais como actividades complementarias.
Esperamos que vos gusten!!

ELABORACIÓN DO VIÑO

Onte os nenos/as de coincidindo coa chegada do outono e a época da vendima, trouxemos uvas ó colexio para que coñecesen os primeiros pasos da elaboración do viño.

O primeiro que fixemos, foi sacar as uvas do acio e despois esmagámolas coas mans e de aí, sacamos un delicioso mosto que probamos todos/as. Para coñecer o resto do proceso hoxe vimos un vídeo cos nenos/as de 2º. Aquí vos deixo a mostra.





O video da historia de Garnachica , unha uviña que non tiña moi claro o proceso de elaboración do viño.



25 sept. 2010





E chegou o día,xa están con nós as Mascotas:"Chucu e Pinto",estarán con nós este curso e vivirán nas nosas aulas,ainda que a de 4 anos debe estar agochada nalgunha estreliña fugaz e ainda non apareceu...que misterio!!!!que lle acontecerá a "LILA"? seguro que moi prontiño imolo saber.




Queredes mirar que ledos estaban ese día os nenos e nenas?Ata os máis pequeniños (de 3 anos) cantáronlle unha canción a súa mascota.Os de 5 anos, tan maiores e formales,ollade e escoitade ben,que divertido!!!!


21 sept. 2010

MELLORAS NA ENTRADA DO COLE



Como podemos ver nas fotos , a finais do curso pasado, cubriuse con "chapa" un corredor/pasillo dende a entrada do patio ata a entrada do cole.
Que boa falla fai nos días de chuvia!! , para que os nenos e as nenas non se mollen.
Mirade mirade...

Chegou o Outono

Hoxe os nenos e nenas da clase de estivemos recordando todo o que sabiamos sobre o Outono.. ( que como xa sabedes é unha das catro estacións do ano e que comeza co Equinoccio..)

Sairon moitas cousas como:
Que é o tempo da vendima.
Que é o tempo das castañadas ou magosto.
Que é a época da matanza.
E que tamén no outono se celebra o Samaín.
Que hai paxariños que marchan a lugares onde non vai tanto frío, e que voltarán.
E que hai outros que se preparan para durmir durante o inverno.

E que a moitas árbores ( as de folla caduca) cáenlle as súas folliñas, que murchan e cambian a súa cor e o chan é un mosaico de cores : amarelo, laranxa, vermello, marrón...

Mañá imos a ver este video na clase , queremos compartilo con vós:


16 sept. 2010

Novas das aulas de E.Infantil


Hola nenos e nenas,mestras e mestres,nais,pais etc,etc

As mestras e os Rapaciños e Rapaciñas de Educación Infantil estamos moi ,pero que moi nervosos pola chegada dun día para outro das novas mascotas das aulas:"Os Coleguiños":Chucu,Lila e Pinto"uns curmáns" moi agarimosos que faran que o novo curso sexa:moi divertido e cheo de moitas sorpresas!!!Cando cheguen faremos una festa de benvida e xa miraredes as fotiños!!!

7 sept. 2010

COMEZA O CURSO 2010/2011


MAÑÁ VENRES COMEZAMOS AS CLASES.
CO HORARIO HABITUAL: DE 8:45 A 13:45.

AGARDAMOS QUE TIVÉSEDES UN BO VERÁN
E QUE VEÑADES CON MOITO ÁNIMO E GANAS DE TRABALLAR.