25 mar. 2010

EXCURSIÓN AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Onte mércores día 24, os nenos e nenas do terceiro ciclo, visitamos o museo de Pontevedra. Por separado, cada curso visitou as distintas salas do museo para ver as cousas que había nelas. Aprendemos un montón de cousas e tamén fixemos actividades para facer a visita máis divertida. Despois como saiu o sol aproveitamos para tomar a merenda na Alameda de Pontevedra antes de regresar ao cole.












REUNIÓN CLUB LECTURA (Abril)

  • MARTES 6 de ABRIL, Grupo AMARELO ----AULA DE APOIO
  • MARTES 6 de ABRIL, Grupo NARANXA ---- BIBLIOTECA
  • MÉRCORES 7 de ABRIL, Grupo AZUL ------ BIBLIOTECA
  • XOVES 8 de ABRIL, Grupo VERDE ---------- BIBLIOTECA

(na hora do recreo)

18 mar. 2010

DEPORTE NA ESCOLA







O venres, día 12 de Marzo, tivemos no colexio unha xornada de deporte escolar. Visitounos o colexio Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas.Fixemos atletismo e xogamos ao baloncesto.