25 nov. 2009

FOMOS A INDIANABILL

Ola a todos e todas.

Os peques fomos de excursión. Nin máis nin menos que a Indianabill á Ramallosa.

Pasámolo en grande. Xogamos, xogamos, merendamos e xogamos. Nin que dicir que non queriamos voltar á casa. Co ben que se estaba alí.

Queredes ver as fotos da nosa viaxe? Pois aquí van.


19 nov. 2009

A MAXIA DA ROBÓTICA


O pasado día 12 de Novembro, os cursos de 4º, 5º e 6º e catro profesores, fomos a Santiago co gallo da robótica que o programa IGACIENCIA organizou co lema "A Maxia da Robótica". Despois dunha pequena introducción no programa informático, puxémonos mans á obra,
por grupos fixemos 12 exercicios prácticos de como darlle orde aos robots. nin que dicir cabe que a atención foi máxima e os resultados óptimos. Ás duas e media, fóra de horario polo interese dos nenos, fomos comer á Area Central de Santiago e voltamos para casa.




Tal foi o éxito, que nos notificaron que quedamos segundos no concurso. Quen dixo que habia que irse a Estados Unidos ou a Xapón para buscar entendidos na materia?.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que aplicados estabamos todos:












E tamén vos deixamos un video dun exercicio. Adiviñades que fai o robot?








18 nov. 2009

O MAGOSTO

A pesares da choiva que ameazaba a celebración do Magosto no cole, conseguímolo.
O pasado martes 10 de novembro vimos que escampaba un pouco e ala fomos. Saimos sen pensalo dúas veces, preparamos a fogata, asamos e comemos as castañas e logo, como non podía ser doutra maneira, píntamonos.

Ou sexa, pasámolo en grande.

Vede, vede aquí a testemuña das nosas accións:


ACTUALIZACIÓN FOTOS

A día de hoxe actualizamos a presentación de fotos do Samáin/Halloween incluíndo algunhas novas.

12 nov. 2009

NOVAS DA BIBLIOTECA

Este venres retorna a mochila viaxeira ás nosas aulas. Na mochila atoparedes libros tanto para pais/nais como para os nenos/as, ademais dun caderno para as súas opinións sobre os libros e sobre a actividade en si.


Esperamos que unha vez máis disfrutedes do pracer de ler en familia.


9 nov. 2009

CELEBRAMOS SAMAÍN E HALLOWEEN NO COLEXIO

O 31 de outubro e a festa de Halloween para os ingleses, e a festa de Samaín para os galegos.

Non quixemos deixar pasar esta festividade. E aproveitamos o venres 30 para celebralo.

Nas seguintes fotos vedes o resultado das actividades que fixemos entre todos e todas. Agradecemos a axuda das familias que participaron na elaboración das cabazas que son un complemento importante desta celebración.