30 sept. 2009

VOLVE A RADIO

Ola, ola, ola.

ÚLTIMA NOVA

O próximo venres 2 de outubro comeza a funcionar a radio da nosa escola na hora do recreo.
A RADIO DO GATO

Esta semana os encargados de facer o programa serán os nenos e nenas de 6º.

Que nos contarán? De que falarán? Será interesante?

¡¡¡Que emoción!!!

Pedimos moita atención. O venres todos e todas atentos á radio.


23 sept. 2009

BENVIDOS




Dámosvos a benvida ao curso 2009/2010.

Despois das longas vacacións, nas que nos olvidamos de que existe o cole, os estudos, os deberes,etc. ¡ESTAMOS DE VOLTA!

E toca traballar moito. Queremos que este blog vos guste aínda máis e que todos e todas participedes na súa elaboración.

Hai moitas novidades que imos introducir, pero iso verémolo un pouco máis adiante.