24 mar. 2009

Visita da Garda Civil


Menuda sorpresa!!! A media mañá escoitamos unha serea, saimos e ollamos !unha patrulla da Garda Civil de Ponteareas! que nos tiñan prometida unha visita. Que corpo de profesionais, déronnos unha volta no coche, vestimos os seus uniformes e manipulamos porras e demais utensilios.

17 mar. 2009





Este é Hugo, da aula de 4 anos, entregándolle a carta a Papá Noel no Centro Comercial Travesía en Vigo. Todos os nenos/as de Educación Infantil e as mestras disfrutamos moito da saída, ¡Non vexades que agasallo nos tiña preparado o habitante máis famoso de Polonia!

Presentámosvos a nosa mascota do Cole, algúns xa o coñecedes, é Olirei. Encántanlle os libros, por iso sempre o encontraredes na biblioteca. ¿Animádesvos a facerlle unha visita?, por certo se non coidamos os libros ponse tristón.

10 mar. 2009

HOLA FAMILIAS¡ Este é o Blog do colexio Santiago de Oliveira, un espazo para que poidades ver que ben o pasamos no cole, o que facemos nas saídas escolares e nas actividades cos nosos compañeiros/as e mestres/as.

Esperamos que vos guste esta nova andaina, nós comezámolo con moita ilusión.