14 feb. 2018

ENTROIDO 2018




Xa rematou o Entroido 2018.
Tivemos días de moita creatividade nas aulas, días para investigar sobre temas do Entroido e sobre os pintores do noso proxecto.
Pasámolo  moi ben confeccionando  os disfraces, bailando e rindo moito.
Deixámosvos unha mostra do desfile do venres pasado.






5 feb. 2018

Elección do REI e da Raíña do Entroido!!!

Hoxe despois da "hora de ler" xuntámonos no ximnasio para a elección do Rei e da Raíña do noso Entroido.

Serán os encargados de darnos os seus " mandadiños" durante esta semana.
Que son acumulativos dende mañá ata o xoves.

Cada un dos nenos e nenas do colexio desfilou , dixo de que ía disfrazado/a e botou o seu papel na furna para a elección.

Unha man inocente guiada polo azar decidiu que se proclamasen Rei e Raíña do noso entroido a: 
IRIA de sexto curso e MATHÍAS de quinto curso. 
Moitos parabéns para os reis!! 

Acó vos queda unha pequena escolma fotográfica do evento!!!

4 feb. 2018

30 de xaneiro: "Día Internacional da Paz e a Non violencia"

Coma cada 30 de xaneiro dende hai xa cincuenta e catro anos, persoas de todo o mundo unímonos para conmemorar o "Día Internacional da Paz e a Non Violencia". 

Dende o noso colexio, queremos compartir os momentos da celebración e a mensaxe que nos deixaron os nenos e nenas de Oliveira: "Facede deste día todos os días da vosa vida".

24 ene. 2018

DÍA DA PAZ

Nas clases xa estamos ensaiando a canción elexida para cantar o próximo día 30 con motivo da commemoración do DÍA ESCOLAR DA  NON VIOLENCIA E DA PAZ.

Titúlase "YO ESTOY MUY ORGULLOSO" e aquí vos deixamos o vídeo para que a vaiades ensaiando.


21 ene. 2018

Visita do CEIP Feliciano Barrera de Guláns

O pasado venres 19 de xaneiro visitounos o CEIP Feliciano Barrera para realizar unha xornada de deporte escolar na que participou quinto e sexto curso de Educación Primaria.
Xogamos ao baloncesto e fútbol-sala.
O alumnado de terceiro curso encargouse de preparar a merenda para repoñer forzas despois do deporte.
O alumnado de outros cursos animou o noso colexio nas gradas.

Esta xornada enmárcase dentro do Proxecto Deportivo de Centro (Plan Proxecta da Consellería), e a colaboración ,como sempre, do Servizo de Deportes.

Deixámosvos un vídeo coas fotos!


18 ene. 2018

OBRADOIRO SOBRE EDUCACIÓN EN VALORES CON CANS DE TERAPIA


O alumnado de 1º,2º,3º,4º,5º e 6º participou este martes nun obradoiro con cans de terapia.
Divididos en dúas quendas e en pequenos grupos foron traballando distintas habilidades cos cans.





Quedaron abraiados ao ver o que eran capaces de facer!!!!.
Deixámosvos un pequeño vídeo para que o vexades.
O obradoiro  foi organizado polo Concello e a organización YARACÁN


A actividade foi recollida nalgúns medios de comunicación : Xornal 21  , Galicia Confidencial 
 e na propia páxina do Concello de Ponteareas.

9 ene. 2018

NADAL 2017


   Este ano polo Nadal decoramos a entrada do colexio, a biblioteca e as nosas aulas. Recibimos a visita do Paxe Real que viña acompañado dunha persoa moi especial: Papá Noel!
   O último día celebramos un festival cunhas actuacións con moi navideñas e con moito colorido facendo honra o noso proxecto "Un mundo de cores".

 Aquí vos queda un pequeno resumo con forma de vídeo. Esperamos que vos guste!


26 nov. 2017

II SESIÓN CONTACONTOS

Este venres celebrouse na biblioteca a segunda sesión de contacontos para o alumnado de infantil. 
Nesta ocasión estrearonse algunhas alumnas de sexto co conto "A mazá que quería ser unha estrela". 
Os nenos e nenas de infantil quedaron encantados xa que ao final puideron degustar unha deliciosa mazá.

              

Xornada Iniciación Atletismo 3º e 4 curso

O venres 28 de abril desprazámonos ata as Instalacións Deportivas de Pardellas para realizar unha xornada de deporte escolar enmarcada dentro do Programa Proxecta (PDC- Xogade).
Fixemos Atletismo a través de xogos alternativos e populares con outros colexios da zona que tamén forman parte de ADECONPAR (Asociación Deportiva Condado-Paradanta).

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada!






20 nov. 2017

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN VIAL

Hoxe os nenos e nenas de 3º e 6º achegámonos ás instalacións do  CEIP Nosa Señora dos REMEDIOS para unha xornada de ED. VIAL. Organizada pola Deputación e coa colaboración do Concello, a DXT e a Policía Local de Ponteareas.

       Aínda que nos fixeron agardar un anaco, e xa nos desesperabamos da impaciencia!!!, foi unha xornada divertida, interesante e moi instructiva.

         Despois de facer de peóns, de ciclistas e de conducir os pequenos coches vimos tamén 3 vídeos sobre a importancia do cinto, de circular correctamente, das medidas de seguridade necesarias e do respecto cara os e as ciclistas.

 Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento.